Thursday 02 de May de 2024

Sito e José Viqueira gañan o VIII Torneo de Pádel do Concello de Frades


Sito e José Viqueira acaban de proclamarse campións do Torneo de Pádel do Concello de Frades, no que competiron oito parellas de xogo. Os gañadores derrotaron na final á parella Miguel-Méndez. O primeiro set resolveuse por 4-6 e o segundo ía en 4-4 cando os subcampións tiveron que abandonar o xogo por unha lesión muscular no brazo de Méndez.

Os campións accederon á final tras vencer á parella Juan Carlos-Ramón por 8-4 nunha das semifinais. Na outra, os subcampións impuxéranse a Alvela-Carlos por 2-8. Tanto as eliminatorias como as semifinais resolvéronse ao mellor de oito xogos (un set), mentres que a final se disputaba a dous sets.

A competición, que este ano chegou á súa oitava edición, disputouse na pista municipal de pádel de Papucín, contigua á piscina. O concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, entregou os trofeos a campións e subcampións e destacou “as aptitudes e demostracións de bo xogo” por parte de todos os participantes, especialmente os que competiron na final.